CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Diego Maraña, avogado dos afectados polas obras na AP-9: "A sentenza é un grave retroceso para os dereitos dos cidadáns"

19/04/2021 - 20:24 h

O avogado da asociación En Colectivo, Diego Maraña, lamentou a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que absolve a Audasa. A concesionaria non terá que devolver o importe das peaxes cobradas na AP-9 mentres se fixo a ampliación da ponte de Rande nin deberá compensar os condutores afectados polos atascos. 

Diego Maraña di estar sorprendido pola resolución que, na súa opinión, supón "un grave retroceso para os dereitos dos cidadáns que utilizan a autoestada". Maraña sinalou que estudarán a sentenza e os seus fundamentos para decidir sobre un posible recurso ante o Tribunal Supremo.