CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Javier Domínguez, presidente de Sogama: "Tivemos que crear unha infraestrutura independente para os residuos sanitarios"

18/11/2020 - 21:04 h

O presidente de Sogama, Javier Domínguez, destacou que a pandemia obrigou a facer un grande esforzo para xestionar residuos como máscaras, luvas ou panos. Nos concellos adheridos a Sogama, ese material debe ir ao contedor verde de restos.

Javier Domínguez salientou que tiveron que "crear unha infraestrutura independente" para tratar estes residuos potencialmente perigosos e contrataron máis traballadores.