A Crónica 20h
Luis Núñez, do Consello de Colexios Veterinarios: "Os animais non nos transmiten a enfermidade, pero pode haber mutacións"
O presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios destacou que os veterinarios da Xunta vixían as granxas de visóns para detectar focos do coronavirus, como o declarado nunha explotación de Santiago.
Luis Núñez apuntou que os visóns son máis susceptibles que outros animais ao contaxio. Segundo explicou, en xeral os animais non transmiten a enfermidade ás persoas, aínda que pode haber mutacións que o faciliten.