A Crónica 20h
José Antonio Cortés, antropólogo social: "A pandemia púxonos diante do espello. Somos persoas vulnerables"
O antropólogo social José Antonio Cortés, profesor da Facultade de Socioloxía da UDC, destacou que a pandemia demostrou que somos vulnerables e que tamén o é o noso sistema social. Cortés salientou que dependemos doutras persoas. Apuntou que "a solidariedade e o traballo dos coidados fainos vivir en momentos de crise".