CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Sergio Vázquez, do comité clínico da covid-19: "Temos medo de que isto empeore e teñamos que tomar medidas máis drásticas"

15/10/2020 - 21:05 h

O oncólogo Sergio Vázquez, membro do comité clínico da covid-19, afirmou que aínda que os datos de contaxios en Ourense comezan a mellorar, aumenta a incidencia en Galicia. Vázquez atribuíu parte do incremento dos casos en Santiago ás festas en pisos e apelou á responsabilidade persoal para frear a propagación do virus. 

Sergio Vázquez advertiu que coa chegada do frío agardan unha suba dos contaxios. Avisou de que, se a situación empeora, o comité clínico terá que tomar medidas máis drásticas das adoptadas ata agora.