A Crónica 20h
Análise das noticias falsas sobre vacinas e a falta de rigor na comunicación científica
No tempo de entrevistas de 'A crónica' analizamos as noticias falsas sobre vacinas e a falta de rigor entre algúns cargos políticos e medios de comunicación. Falamos con José Antonio Forcada, covoceiro científico da 'Alianza contra os Bulos en Vacinas' e membro da Asociación Española de Vacinoloxía e da Asociación de Enfermería e Vacina. Tamén entrevistamos a Carlos Mateos, coordinador do instituto #Saúde sen Bulos.
"As últimas decisións das administracións están creando unha alarma social na poboación con respecto ás vacinas. É necesario que as administracións que crearon esta situación saian concienciar a poboación de que non hai vacinas boas e malas. A vacina salva miles e miles de vidas. Debemos entender que a vacinación é un ben propio, pero tamén comunitario, porque estamos protexendo as persoas do noso arredor", asegura José Antonio Forcada.
Sobre o papel dos medios de comunicación, Carlos Mateos pregúntase que ocorrería se os medios de comunicación estivesen continuamente falando dos efectos secundarios do paracetamol ou da píldora anticonceptiva. "Isto é aplicable á calquera ámbito, pero só está ocorrendo coas vacinas", afirma Carlos Mateos.