CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Diferenzas entre os hostaleiros polo uso do certificado covid

14/09/2021 - 20:07 h

César Sánchez-Ballesteros, presidente da Federación de Hostaleiros de Pontevedra, está contento coa resolución do Supremo. Ballesteros defende o certificado COVID, sobre todo agora que a maioría da poboación está vacinada. Entende, tamén, que vai facilitar a viabilidade dos negocios nocturnos.

Luis Latorre, o presidente de Lugo Monumental, asociación que recorrera o certificado, séntese máis a gusto coas normas que entraron este martes en vigor. Un protocolo que desliga a ocupación dos locais da situación epidemiolóxica do concello. Luis Latorre entende, aínda así, que o certificado COVID é legal, pero a resolución do Supremo non obriga a nada e ambos sistemas pódense combinar.