A Crónica 20h
Os alcaldes do Grove e Carballeda de Valdeorras confían en que a incidencia do virus baixe nos próximos días
O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, e a rexedora de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González Quintela, esperan que os datos de incidencia melloren moi pronto. Confían en que dentro dunha semana sexa posible relaxar as restricións nos dous concellos.