CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Luis Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar: "Hai temor polo que pase na residencia"

13/10/2020 - 21:05 h

O alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, destacou que case todos os casos de covid-19 diagnosticados no concello corresponden á residencia de maiores Os Gozos. Nela detectáronse 165 contaxios. Hai outros doce veciños do municipio contaxiados. 

Menor salientou que "hai temor polo que pase na residencia", porque os residentes son persoas vulnerables. Apuntou que no resto do municipio a situación é de normalidade.