A Crónica 20h
Os expertos Alberto Ruano e Cristina Fernández analizan a situación actual do coronavirus
O profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública na USC, Alberto Ruano e a presidenta da Sociedade Galega de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Cristina Fernández analizaron a situación actual da COVID tanto en Galicia como en España. Ambos coinciden en que a incidencia acumulada está baixando a boa velocidade.