A Crónica 20h
Lourdes Amador, hematóloga: "A incidencia de trombos en pacientes de Covid ingresados na UCI é de entre o 20 e o 25%"
A hematóloga Lourdes Amador considera unha boa decisión parar a vacinación con doses de Janssen para comprobar se os casos de trombos detectados en Estados Unidos teñen algunha relación co fármaco.
A xefa de Hematoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra salientou que, cos datos que hai agora, o risco de ter trombose é moito maior en persoas contaxiadas de Covid: sinalou que para os pacientes de Covid na UCI pode ser de entre o 20 e o 25%, para os que están en planta sobre o 5%, e para os que se recuperan na casa do 1%.