CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Luis Núñez, veterinario: "Se hai base científica de que o virus salta de visóns a humanos, habería que tomar medidas"

12/11/2020 - 21:04 h

O presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios pide prudencia despois de que en Dinamarca sacrificaran millóns de visóns pola Covid-19. Luis Núñez destacou que en Galicia hai unhas 25 granxas destes animais.

Na súa opinión, convén agardar ata que se confirme se o virus salta dos visóns aos humanos. Se finalmente se demostra que esa vía de contaxio ten base científica, Luis Núñez salienta que habería que tomar medidas en Galicia e indemnizar os donos das granxas de visóns.