CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O Círculo de Empresarios de Galicia: "Estamos nunha boa situación, hai capacidade económica para a recuperación"

12/07/2021 - 20:20 h

Nunha entrevista en A Crónica, a presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, móstrase optimista de cara á recuperación económica tras a pandemia. Asegura que a crise actual é diferente á de 2008, "daquela desaparecera a capacidade produtiva e da industria e houbo que reconstruír de novo o tecido empresarial".

Patricia García sinala que na situación actual "hai capacidade económica, houbo moito aforro forzado e, ademais, non podemos obviar o que van supoñer os fondos europeos Next Generation".

A presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia celebra o aumento de viaxeiros e peregrinos no Camiño de Santiago neste ano Xacobeo. "É unha boa dinámica para a nosa hostalería e o sector servizos, que foron os que máis sufriron nesta pandemia".