CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

José Manuel Ponte, de UUAA, é partidario dunha lei de prevención de accidentes de tractor que se centre nos maiores de 65 anos

11/10/2021 - 20:23 h

José Manuel Ponte, técnico en prevención de riscos laborais de Unións Agrarias, destacou que é necesario renovar o parque de tractores de Galicia e tomar medidas para evitar os sinistros. Ponte sinalou que sería bo ter unha lei de pervención que tivese en conta ás persoas de máis de 65 anos, que son a maioría das vítimas dos accidentes de tractor no noso país.