CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Eva López, directora do IES Valadares de Vigo: "Vemos profesores moi tocados e alumnos con problemas de ansiedade"

10/11/2020 - 21:04 h

A directora do IES Valadares de Vigo, Eva López, integrante do Comité Educativo que asesora a Xunta, destacou que os centros de ensino son seguros. Explicou que os casos de Covid que se rexistran nas aulas teñen orixe fóra dos colexios e institutos. 

Eva López sinalou que traballan nos horarios espello e nas aulas virtuais por se nalgún momento hai un confinamento e é preciso volver ao ensino telemático. López afirmou que, a consecuencia da pandemia, hai máis profesores e alumnos con problemas de ansiedade. Engadiu que tamén detectan un aumento das reaccións violentas por parte dos rapaces.