CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

As alcaldesas de Guitiriz e Muros piden que non se baixe a garda na loita contra a Covid

09/11/2020 - 21:04 h

As alcaldesas de Guitiriz e Muros, dous concellos onde non se aplican as restricións máis duras, apelan á responsabilidade de todos. Marisol Morandeira e Inés Monteagudo están aliviadas porque nos seus municipios pode seguir aberta a hostalaría, pero insisten en que é preciso manter alta a garda.