CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Os médicos de familia advirten que a Atención Primaria pode colapsar se non se poñen recursos

08/09/2021 - 20:17 h

Os presidentes da Sociedade Galega de Médicos de Familia e da Sociedade Galega de Medicina Familiar e Comuntaria, Carlos Bastida e Jesús Sueiro, advertiron que a Atención Primaria está demasiado sobrecargada dende hai tempo. Os dous coinciden en que a pandemia agravou aínda máis un problema que xa existía. Salientaron que nalgunhas zonas, a situación chegou a ser perigosa. Bastida e Sueiro piden máis recursos para evitar un colapso da Atención Primaria.