CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Os hostaleiros galegos celebran o novo protocolo e aseguran que abre un novo horizonte

08/09/2021 - 20:08 h

Os hostaleiros celebran a aprobación do novo protocolo que acordaron coa Xunta. Aseguran que é un documento necesario para dar estabilidade aos seus negocios. O presidente da Federación de Hostaleiros de Ourense, Ovidio Fernández, sinalou que este protocolo abre un novo horizonte que lles permite ser optimistas.

O presidente da Asociación de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete, dixo que están dispostos a facer este último esforzo para garantir a seguridade sanitaria.