A Crónica 20h
As reivindicacións do 8-M
Hoxe en 'A crónica' entrevistamos unha representante da plataforma Galegas 8M, Ana Torrón, que participa na mobilización que sae ás oito desde a Horta do Seminario na cidade de Lugo. Seguimos con ela en directo unha das concentracións.
Tamén temos connosco a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. Falamos con elas do feminismo e dos avances e retrocesos en todos os ámbitos para acadar unha sociedade máis xusta.