A Crónica 20h
David de Dios: "Brais alcanzou un punto de madurez moi necesario para o seu fútbol"
O caso Busquets co seu positivo pola COVID-19 precipitou os acontecementos na selección española. Luis Enrique decidiu chamar cinco xogadores para traballar nunha burbulla paralela e estar dispoñibles no caso dalgún problema. Un deles é o canteirán do Celta Brais Méndez.
Na crónica dos deportes falamos co seu adestrador na etapa xuvenil, David de Dios, o actual técnico do Rápido de Bouzas.
Analizamos con el a evolución do xogador celeste, repasando polo míudo esta tempada, en que, dende a chegada de Coudet, Brais non deixou de destacar. "O final de Liga que fixo foi espectacular"