CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Análise das claves da recuperación económica tras a pandemia

07/06/2021 - 20:16 h

En 'A crónica' analizamos as claves para unha Galicia máis competitiva e atractiva tras a pandemia. Entrevistamos a José María da Rocha, catedrático de Economía da Universidade de Vigo; e Carmen Sampaio, presidenta do Colexio de Economistas de Ourense.

Os dous economistas coinciden en que a dixitalización e a universidade son claves para a recuperación.

Carmen Sampaio asegura que "Galicia, ao depender menos do turismo exterior, ten máis protexida a súa economía". Sobre este asunto, José María da Rocha indica que "o turismo xogou un papel clave na recuperación da anterior crise" ao ser, di, un sector "seguro e dinamizador".

Os dous expertos defenden a formación en competencias dixitais como un elemento fundamental para paliar o desemprego e acabar coa fenda dixital.

O catedrático de Economía da Universidade de Vigo, José María da Rocha, afirma que estamos ante unha "revolución cultural". A presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, Carmen Sampaio, indica que "non estamos nunha epoca de cambios senón nun cambio de epoca".

Ambos economistas consideran que os fondos de recuperación Next Generation son fundamentais, pero que se poden facer moitos cambios sen necesidade de gastar.