CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O Clúster Turismo de Galicia: "Somos os primeiros en aplicar as normas. O sector non está disposto a un novo peche"

06/07/2021 - 20:17 h

O sector turístico afronta o verán con cautela e incerteza ante as repuntas de positivos por Covid en Galicia.

Todo apunta a un verán con boas cifras en canto a reservas, pero as últimas noticias están preocupando a un dos sectores máis castigados pola pandemia.

O sector turístico pídelle ao Comité Clínico que estude outros parámetros para establecer restricións, sen sacrificar aos locais que si cumpren coas normas. 

Nunha entrevista en A Crónica, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, asegura que están vivindo unha situación de "incerteza", ante a posibilidade de novas restricións. "Somos os primeiros en aplicar as normas. O sector non está disposto a un novo peche", sinalou nas ondas da Radio Galega.