CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Carlos Álvarez, psicólogo clínico: "Estamos entrando nunha situación de estrés crónico"

05/11/2020 - 21:04 h

O psicólogo clínico Carlos Álvarez asegurou que a pandemia provoca cansazo, aburrimento, incerteza e medo. Explicou que o confinamento e a actual situación están provocando estrés crónico en moitos pacientes, que senten que perderon momentos importantes nas súas relacións sociais e familiares, e acusan os cambios nas rutinas e no ocio. Álvarez destacou que moita xente está esgotada.