CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Eugenia Vázquez: "Estes días hai moita afluencia de peregrinos, hai máis xente no Camiño"

05/07/2021 - 20:20 h

O turismo en Galicia recupérase paseniñamente. Unha das claves do sector é o Camiño de Santiago.

A chegada de peregrinos reactívase na nosa comunidade. Xa abriron os albergues da rede pública, uns 70, xunto cos operativos no sector privado que son máis de 400. 

En A Crónica entrevistamos a Eugenia Vázquez, responsable do albergue público do Cebreiro. Asegura que estes días está aumentando a afluencia de peregrinos no Camiño.

No albergue público do Cebreiro teñen, cada noite, todas as camas ocupadas. "Temos 30 camas e están todas cubertas", sinala Eugenia Vázquez.

A pandemia puxo en valor experiencias e viaxes arredor da natureza e lonxe das aglomeracións. "O Camiño é liberdade, é un Camiño seguro", sostén nas ondas da Radio Galega.