CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Alejandro Conde, da Sociedade de Medicina Preventiva: "A cuarta vaga non é inevitable"

05/04/2021 - 20:19 h

Alejandro Conde, da Sociedade de Medicina Preventiva, considera que é posible evitar que a suba de contaxios se traduza nunha cuarta vaga da pandemia. Afirma que mantendo e cumprindo as medidas restritivas é posible impedir outra onda e gañar tempo para que avance a vacinación. No caso de que haxa unha cuarta vaga, Alejandro Conde sinala que, coa mesma incidencia que nas anteriores, a porcentaxe de hospitalizacións e mortalidade será menor, porque hai máis persoas inmunizadas.