CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O presidente da Asociación Española de Vacinoloxía defende unha moratoria da terceira dose das vacinas contra a covid

04/08/2021 - 20:12 h

O presidente da Asociación Española de Vacinoloxía comparte coa OMS a necesidade dunha moratoria mundial para a terceira dose das vacinas contra a covid-19. Amos García destaca que está a favor de poñerlles esa dose de reforzo ás persoas inmunodeprimidas, pero non á poboación xeral, polo menos de momento.

García salienta que, por agora, non hai evidencia científica de que esa terceira dose sexa necesaria e lembra que o urxente é vacinar a todo o mundo. O presidente da Asociación Española de Vacinoloxía destaca que hai países en vías de desenvolvemento que nin sequera empezaron a inmunizar a súa poboación. Advirte de que con tantas persoas sen vacinar no planeta, o virus pode mutar cara a novas variantes.