A Crónica 20h
'A crónica' do 4 de marzo
As claves informativas da xornada, en 'A crónica':
Varios detidos no operativo policial que se realizou na fábrica de Alu Ibérica da Coruña, na de Avilés e en varias provincias de España. Segundo fontes da investigación consultadas pola Radio Galega, algunhas detencións producíronse en Madrid e na propia cidade da Coruña. Esas mesmas fontes apuntan a que algúns dos prendidos poderían ser directivos ou exdirectivos.