CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

César Sánchez-Ballesteros: "As axudas para a hostalaría son moi insuficientes"

03/03/2021 - 20:15 h

O presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra reclama axudas directas para paliar as perdas da pandemia. César Sánchez-Ballesteros destacou que os hostaleiros doutros países comunitarios reciben moito máis apoio económico dos seus gobernos. Sánchez Ballesteros salienta que os hostaleiros cumpren as medidas de seguridade e pon en dúbida que o peche da hostalaría estivese xustificado.