CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Román Rodríguez, conselleiro de Educación: "Que a crise sanitaria non derive nunha crise educativa"

02/11/2020 - 21:04 h

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou que o Plan de Ensino Virtual ante a covid-19 pretende garantir que se a pandemia impide nalgún momento seguir o curso con normalidade, o impacto para os alumnos sexa o menor posible. 

Román Rodríguez explicou que a Xunta establece os horarios espello para que os centros elaboren uns horarios para o ensino telemático semellantes aos do ensino presencial.  Desa forma, os alumnos poderán estudar os mesmos contidos ca nas aulas e practicamente co mesmo horario.