CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Luis Núñez, presidente do Consello Galego de Veterinarios: "Os visóns dan positivo por contaxio dos humanos"

02/07/2021 - 21:00 h

A Xunta paralizou a actividade nunha granxa de visóns de Oza-Cesuras despois de que se detectase un foco de covid entre os animais. Os veterinarios atoparon dúas mostras positivas, no oitavo gromo que se declara en explotacións de visóns de Galicia dende que comezou a pandemia. En total, hai 25 granxas que teñen entre 80.000 e 90.000 animais. O presidente do Consello Galego de Veterinarios, Luis Núñez, explicou que son os humanos os que contaxian aos visóns, e non ó revés.