CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Julia Tábara, pneumóloga: "Fumar nas terrazas aumenta moito a posibilidade de contaxio"

02/06/2020 - 20:41 h

A pneumóloga Julia Tábara, responsable da Unidade de Tabaquismo do CHUAC, advirte de que fumar nas terrazas aumenta o risco de contaxio de Covid-19. Pide que as persoas que fuman eviten facelo en lugares onde haxa máis xente e anímaos a aproveitar este momento para deixar o tabaco.

Tábara destaca que os fumadores son máis sensibles á infección polo novo coronavirus e, se enferman, o seu prognóstico é "moito peor".