CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Manuel Reigosa, reitor da UVigo: "Case a metade do alumnado pasou polo cribado e os contaxios cóntanse cos dedos dunha man"

02/03/2021 - 20:26 h

O reitor da Universidade de Vigo destacou que a volta ás clases presenciais está desenvolvéndose con total normalidade. Manuel Reigosa insistiu en que as aulas son seguras. Dixo que iso quedará demostrado cos resultados do cribado que está facendo o Sergas entre os universitarios e que remata mañá.

O reitor explicou que case a metade dos alumnos fixeron xa os tests e hai moi poucos contaxios.