CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

José Martínez Costas, investigador do CiQUS: "En mes e medio poderemos saber se a vacina é prometedora ou non"

02/03/2021 - 20:18 h

O proxecto de vacina contra a Covid que desenvolve o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC comezará o luns a probarse en animais. En función do resultado, determinarase se hai opcións de conseguir unha vacina.

Se o fármaco é prometedor, buscarase financiamento para seguir adiante cos ensaios en humanos. O investigador que lidera o proxecto, José Martínez Costas, sinalou na 'Crónica' que en mes e medio saberemos se paga a pena seguir adiante con esa vacina.