CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

César Ballesteros: "Queremos que alguén poida sentar na barra a unha distancia de metro e medio doutro cliente"

01/09/2021 - 20:13 h

O presidente da Federación de Hostalaría de Pontevedra explicou que o novo protocolo que o sector negocia coa Xunta permitirá volver utilizar a barra dos bares e restaurantes. César Sánchez Ballesteros salientou que a xente non poderá amorearse na barra, pero si sentar mantendo unha distancia entre persoas de metro e medio.

O protocolo establecerá as cabidas dos locais en función das medidas contra a covid que tome cada establecemento.