CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

O sector da alta cociña: "Coa vacinación, empezamos a ver a luz"

01/06/2021 - 20:16 h

En 'A crónica' analizamos o arranque da gastronomía galega con vistas a este verán. Falamos de experiencias durante a pandemia e a situación actual con Miguel Ángel Campos, presidente do GRUPO NOVE e cociñeiro de quinta xeración na Gabeira (Ferrol); e con Roberto Filgueira, cociñeiro do restaurante O Balado (Boqueixón).

Aseguran que "coa vacinación, estamos empezando a ver a luz". Amósanse preocupados por todos os sectores que viven arredor da restauración, como é o caso dos distribuidores. "Dentro de cada restaurante hai familias, coas súas hipotecas e os seus gastos". Critican tamén a incerteza ante as medidas: "Botamos de menos un protocolo para actos cun gran número de persoas, coma vodas"

Miguel Ángel CamposRoberto Filgueira reflexionan sobre a pandemia e responden "non podemos dicir que sairemos mellor disto porque hai moitos negocios que quedaron no camiño", aseguran nas ondas da Radio Galega.