A Crónica 20h
Javier Losada: "Os que incumpren son unha minoría. Estou seguro de que o sector da hostalaría vai cumprir as normas"
O delegado do Goberno en Galicia confía en que esta semana os locais de hostalaría cumpran coas medidas de seguridade. Javier Losada explicou que durante a primeira fin de semana de desescalada, as forzas de seguridade puxeron 300 sancións. Algunhas delas foron a locais que tiñan máis ocupación da permitida nas terrazas e a maioría a cidadáns por mal uso da máscara.
Losada está convencido de que os hostaleiros cumprirán coas normas porque saben que é imprescindible para poder recuperar a actividade con certa normalidade.