A Crónica 14h
Rosa María Fungueiriño: "Temos que estar alerta ante o incremento da incidencia que se está detectando nos últimos días"
Nunha entrevista en 'A crónica', a presidenta da Sociedade Galega de Medicina Preventina e Saúde Pública, Rosa María Fungueiriño, asegura que hai que estar alerta aos pequenos incrementos da incidencia da pandemia que se están detectando nos últimos días.
Sinala que aínda é cedo para determinar se estamos ante un cambio de tendencia, pero sostén que a ponte de San Xosé e a Semana Santa van ser clave ante unha posible cuarta onda da pandemia.
Rosa María Fungueiriño recomenda limitar os desprazamentos ao necesario e reunirnos só cos conviventes.