A Crónica 14h
Luis Diz, sobre a proba piloto do ocio nocturno: "Esta noite é moi importante para volver á normalidade"
Tras case un ano pechado, o ocio nocturno ten hoxe a súa proba de lume con vistas á súa reapertura o primeiro de xullo. Esta próxima noite seis locais albergarán as probas piloto para esa volta á actividade. Dúas discotecas e catro pubs ultiman os detalles ante este test que se desenvolverá de nove da noite a unha da madrugada.
Entrevistamos a Luis Diz, da asociación Galicia de Noche e propietario da Sala Pelícano da Coruña: "Esta noite é moi importante para volver á normalidade"