CRTVG

Buscar

A Crónica 14h

O doutor Federico Martinón: "O lóxico é completar a vacinación coa segunda dose da mesma farmacéutica"

09/04/2021 - 14:19 h

O coordinador do Centro da Organización Mundial da Saúde sobre seguridade vacinal, o doutor Federico Martinón, defende nunha entrevista en 'A crónica' a seguridade das vacinas. "Calquera outro fármaco que utilizamos de forma cotiá ten moitos máis riscos que os que ten unha vacina", indica.

O doutor Martinón sinala que "o máis lóxico é completar a vacinación coa mesma vacina coa que se iniciou". Explica que, polo momento, non hai datos sobre a efectividade de intercambiar vacinas, "aínda que o máis probable é que non haxa ningún risco". Ademais, afirma "se unha persona non tivo ningún problema coa primeira dose é lóxico pensar que tampouco o terá coa segunda", ao que engade: "Todos os casos que se detectaron de trombos no mundo aconteceron só coa primeira dose e ningún coa segunda dose".

O coordinador do Centro da OMS sobre seguridade vacinal explica que nos casos de trombos detectados non se atopou ningún perfil común nin factor de risco específico. Polo tanto, defende que todas as persoas, tamén aquelas con antecedentes de trombos ou que tomen medicamentos concretos, reciban a vacina. Insiste, tal e como indicou a EMA, que os beneficios superan aos riscos. 

Informativo con Silvia Pereira