CRTVG

Buscar

A Crónica 14h

A vicerreitora de Igualdade da UDC: "Seguimos tendo unha menor presenza de mulleres en carreiras técnicas"

08/03/2021 - 14:22 h

A vicerreitora de Igualdade da Universidade da Coruña, Cristina López, explica nunha entrevista en A Crónica que a universidade é un reflexo da sociedade e, por tanto, aínda hai moitos retos aos que facer fronte no ámbito da igualdade. Un dos problemas actuais, sostén, é a baixa cifra de mulleres que cursan carreiras técnicas ou tecnolóxicas.

"Lamentablemente non ocorre só coas carreiras técnicas nas que sempre hai menor número de mulleres, senón que tamén ocorre, por exemplo, na titulación de Ciencias do Deporte, as rapazas representan arredor do 20% e isto preocúpanos"

Ante situacións machistas na universidade, Cristina López afirma que existe un protocolo de acoso que se activa ante unha denuncia para reverter a situción.

Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, "temos que seguir reivindicando os nosos dereitos porque a igualdade, por moito que estea nos papeis e nas leis, é unha conquista que temos que traballar todos os días", afirma nas ondas da Radio Galega.

Informativo con Sonia Iglesias