CRTVG

Buscar

A Entrevista

Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia

18/06/2017 - 00:00 h
Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia

Miguel Santalices, Presidente do Parlamento Galego, reivindicaba este domingo na Entrevista da Radio Galega que

somos posiblemente o Parlamento máis eficiente de España. Eficiente significa que somos o Parlamento que máis capacidade produtiva lexislativa ten con menor custo. Acábanse de publicar os datos do que son os custos dos parlamentos en España e o noso dá os mellores datos. Por poñer só un dato comparativo: nós somos o Parlamento que máis leis aprobou, o que máis horas de debate tivo na lexislatura pasada e levamos camiño de selo tamén nesta lexislatura. Pero somos tamén aos que menos nos está custando. Aquí o custo dun deputado, tomando como referencia que o custo dun deputado sae de coller o presuposto total do Parlamento en que están incluídos 100 funcionarios que ten, os gastos diarios, todo iso para que os deputados poidan facer o seu labor, ten un custo de 222.000 euros ao ano por deputado. No Parlamento Vasco que ten o mesmo número de deputados ca nós, 75, o custo por deputado está en 422.000 euros

Santalices valora que se rebaixase o nivel de crispación da lexislatura pasada pero aproveita para facer un chamamento aos deputados a evitar as descualificacións nos debates que manteñen a través das redes sociais. Recoñece que "non me gustan algunhas cousas que lin" e lembra que "hai respectar o decoro da cámara e creo que isto debería ser dentro e fóra do Parlamento. Somos deputados as 24 horas do día. Non só somos deputados cando estamos no pleno". Engade: "Eu pediríalles que na medida do posible isto puidesen reconducilo porque, sinceramente, a min non me gustan determinadas cousas que observo a través das novas tecnoloxías que raian un pouco co que sería a falta de decoro para o Parlamento"

O presidente da cámara autonómica anuncia resultados a curto prazo da comisión das caixas:

Haberá resultados en breve e creo que tal e como se anunciou o outro día na Xunta de Portavoces unha vez que está m oi encamiñado eses trámites de ponencia que é o último trámite antes de volver a levalo a comisión. Creo que podemos ter un resjultado en datas próximas

Miguel Santalices non pecha a porta a reformar o regulamento da cámara pero condiciónao a que exista consenso entre os grupos:

Poden quedar pendentes algunhas cousas con respecto ao traballo parlamentario. Pero eu creo que isto ha de ser un traballo que emane dunha reunión de tódolos grupos para que a través duns consensos se modifique aquelo no que pensamos que o regulamento do Parlamento crea unha eiva ou non estea iso cuberto. Neste caso prefiro que sexan os grupos que formulen as súas peticións e se hai consenso non habería ningún problema a abordar unha reforma

O presidente do Parlamento Galego cualifica de "perda de tempo" a moción de censura de Podemos contra Mariano Rajoy e explica que "nos parlamentos tamén hai que facer unha economía procesual. Os parlamentos teñen uns custos que os pagan todos os cidadáns. Esa moción de censura estivo moi mal formulada".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí