CRTVG

Buscar

A Entrevista

"Hai 17.000 xuízos e outros actos xurisdicionais afectados a día de hoxe pola folga"

13/05/2018 - 14:10 h

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, cuantifica nuns 17 mil o número de “xuízos e outros xurisdicionais” afectados en toda Galicia durante a folga dos funcionarios da administración de xustiza. Malia admitir que aínda seguen chegándolles datos e que a cifra “pode variar”, “grosso modo, aínda se pode dicir que estaría arredor duns 17.000”.

Por provincias, A Coruña seria a máis afectada, seguida de Pontevedra e con nivel similar de afectación estarían Ourense e Lugo. Así mesmo, neste momento en que a folga está interrompida aínda que non desconvocada, Cadenas asegura que, no que atinxe á actividade, “existe practicamente unha situación moi similar á anterior de folga”. Respecto  a un eventual plan de recuperación de traballo, Cadenas considera que “podía ser moi positivo”, ao tempo que apunta “que a complexidade dese plan non é pequena”. Lembra o presidente do TSXG que “ese plan non só afectaría os funcionarios da administración de xustiza, afectaría  os xuíces e afectaría tamén os secretarios xudiciais e os letrados” e que tamén hai que ter en conta os medios que se dispoñen. Para Cadenas, “as dificultades existen e hai que ser moi conscientes que un plan ten que facerse tendo en conta todas estas consideracións”. No que atinxe ao seu custo, o presidente do alto tribunal galego evitou facer unha estimación pero si aseverou que “a cantidade podería ser importante”.

Ao preguntarlle por se se poderían facer as cousas doutro xeito neste conflito, Cadenas admitiu que “dende lonxe e dende fóra sempre un cre que se poderían facer as cousas de forma diferente e quizais cun resultado mellor”, pero engadiu que “non o podo seber porque non estiven non eixe do conflito”.

Tres meses de folga neste sector é, en definitiva, unha verdadeira calamidade para a administración de xustiza

Ao fío de determinados episodios de tensións vividos durante o conflito, Cadenas dixo que descoñece se se produciron tensións.

Houbo incidentes no momento de votar a proposta última por parte da Xunta de Galicia e paréceme que si pode chegar algo ao Ministerio Fiscal, quen o valorará e, no seu caso, exercerá as acción correspondentes

Na conversa, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia amosouse favorable a unha modificación da regulación do dereito de folga e aposta por unha lei que tivese “rango de lei orgánica” porque fai “falta certeza,  seguridade xurídica” e que se clarificasen conceptos como o de “servizos esenciais da comunidade”

 

Programa de entrevistas
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí