CRTVG

Buscar

A Entrevista

"Non creo que Lidia Senra teña que deixar o escano por cuestionar a eficacia e seguridade do sistema de vacinación"

10/12/2017 - 14:30 h

Luís Villares rexeita pedir a dimisión de Lidia Senra e trata de quitarlle ferro á polémica suscitada despois de que a eurodeputada de AGE cuestionara a eficacia e seguridade das vacinas.

Na Entrevista da Radio Galega, o líder de En Marea descartaba tamén calquera risco de fractura na confluencia.

Luís Villares desmárcase de Lidia Senra defendendo as vacinas como parte esencial da política sanitaria, pero evita pedirlle a acta á eurodeputada; non cre que teña que deixar o escano por cuestionar a eficacia e seguridade do sistema de vacinación. En todo caso, Villares marca distancias con AGE; matiza que esa marca, en que se integraban Esquerda Unida e Anova, non ten unha relación orgánica con En Marea. E réstalle importancia ás discrepancias xurdidas nese grupo, a que Senra leve un ano desvinculada da organización, o que levou esta pasada fin de semana a Esquerda Unida a cualificala de "tránsfuga".

Villares tamén lle resta importancia a que se rachase en dúas ocasións nas últimas semanas a unidade de voto do grupo no Parlamento Galego. Non ve risco de fractura algún: descarta totalmente que haxa correntes da confluencia que estean pensando, como se publicou, en crear unha nova organización se non gañan no próximo plenario. E no mesmo sentido, o voceiro de En Marea rexeita que Podemos e Esquerda Unida vaian presentarse por separado nas próximas municipais.

Programa de entrevistas
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí