CRTVG

Buscar

A Entrevista

Luís Villares, voceiro parlamentario de En Marea

30/04/2017 - 14:10 h
Luís Villares, voceiro parlamentario de En Marea

Luis Villares lémbralle a Podemos que "as asociacións xudiciais non están para asesorar os partidos políticos en mocións de censura". Na Entrevista da Radio Galega, o voceiro de En Marea dixo que era "previsible" que Xuíces para a Democracia rexeitase esta semana reunirse coa formación que dirixe Pablo Iglesias porque "unha asociación xucidial ten que emitir o seu parecer sobre asuntos que teñan que ver co propio Poder Xudicial". Remarcou que "outra cousa é que Xuíces para a Democracia vaia asesorar ou compartir un espazo cun partido político" e concluiu que "eu creo que sobraba". En todo caso, Villares respalda a presentación da moción de censura. Entende que hai razóns de peso, "de carácter estructural", non meramente conxunturais, e alude ós casos de presunto financiamento ilegal do Partido Popular que se están a investigar.

O voceiro de En Marea desmarcábase das declaracións esta semana de Xosé Manuel Beiras na Radio Galega acusando a Yolanda Díaz de telo traicionado. Di que "cada un ten unha experiencia persoal diferente e podo entendelo na situación peroal de quen o fai", pero advirte que "En Marea ten que falar sobre todo dos problemas da xente e das alternativas políticas que ofrece" e insiste en que "non sobra ninguén e todos somos necesarios". Nesa mesma dirección trata de quitarlle ferro ás diferenzas evidenciadas na elección da coordinadora da confluencia. Evita a confrontación fronte as críticas efectuadas por Díaz ou Xulio Ferreiro e insiste unha e outra vez en que "o proxecto político de En Marea é un proxecto único", que son un espazo plural pero cun proxecto compartido.

Unha cousa é ter unha discrepancia puntual ainda que poida ser grande nun punto concreto e outra cousa é compartir o proxecto. O proxecto é compartido

Luis Villares respalda o goberno de Ferrol en Común e chama á reflexión ó PSOE logo do acordo dos socialistas co PP para retirarlle competencias en materia económica ao goberno municipal, o que ao seu ver o único que fai é entorpecer a posta en marcha de políticas progresistas ao servizo da cidadanía.

Eu invitaría ó PSOE a que se sumase a esas políticas e que non as entorpecese

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí