CRTVG

Buscar

A Entrevista

"É necesario revisar as probas ABAU porque é importante non esaxerar a especialización"

12/11/2017 - 14:10 h

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, aposta na Radio Galega por "revisar" as probas de acceso á universidade -as ABAU- ao suxerir que limitan as posibilidades do alumnado. Na Entrevista, o reitor opinou que "será necesario revisar cun pouco máis de calma o que se ten feito apresuradamente".

É importante non esaxerar a especialización dos estudantes. É moi importante que os alumnos poidan elixir os estudos na universidde sen vir tan "encasillados" como eu penso que se fai

Á hora afondar no novo mapa de titulacións do sistema universitario galego, Viaño considera que "é un acordo que marca un cambio na maneira de relacionarse as universidades e o goberno galego" e cre que é un "paso adiante moi importante nesa satisfacción das necesidades". Non obstante admite que este pacto non evitará que siga existindo debate sobre posibles duplicidades no sistema.   Ese debate, segundo o reitor da USC, "supoño que non se pechará definitivamente".

Temos un marco colaborativo moi importante para que esas duplicidades e a definición do mapa se poida facer nun marco colaborativo e creo que iso é o máis interesante para o país, pero evidentemente algunha discusión e algunha diferenza de criterio sempre haberá

O que si negou tallante é que as retiradas de graos con baixa demanda traian consigo retoques no cadro de persoal docente. Segundo Viaño, "en ningún caso" e argumentou que "os graos que se retiran son graos que teñen unha baixa demanda dende hai anos". No caso da USC, exemplificou, "están concentrados no Campus de Lugo". O reitor considera unha "obriga" actualizar as titulacións á "demanda".

Neste caso cumprimos coa responsabilidade retirándoas pero como esas tituacións van ser substituídas por outras, pois nunca se verá afectada o cadro de persoal e en ningún caso teñen que temer polos seus postos de traballo

Respecto ás asignaturas pendentes do sistema universitario galego, Viaño considera que "tense que seguir fortalecendo fundamentalmnete na atracción de alumnado estranxeiro e na atracción de profesorado estranxeiro". Entre os problemas que apunta para avanzar nesta liña son que "os nosos mecanismos son moi restritivos para facer contratacións, para ter a oportunidade de ter profesorado de referencia doutras universidades".

O noso nivel de internacionalización ten que seguir afianzándose, creo que aínda hai unha eiva importante

Ante as eleccións á reitor que en breve afrontará a USC, Viaño dixo que aínda non tomou a "decisión definitiva"  e aprazouna para máis adiante, "nos vindeiros meses". O que si admitiu é que ánimo para dar o paso. Cun "véxome animado", Viaño recoñeceu que "hai algúns aspectos que me animan no sentido de poder concluír algún traballo feito" pero aclarou que lle "falta concluír, poñer o broche ao traballo e ao programa polo tanto a decisión definitiva a tomarei máis adiante".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí