CRTVG

Buscar

A Entrevista

“Imos, cun acordo coa FEGAMP, facernos cargo da maioría do mantemento dos centros de saúde”

29/04/2018 - 14:10 h
“Imos, cun acordo coa FEGAMP, facernos cargo da maioría do mantemento dos centros de saúde”

O conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, avanza no espazo A Entrevista da Radio Galega que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinarán un acordo para que o Sergas se faga cargo “da maioría do mantemento dos centros de saúde”. O conselleiro adiantouno á hora de relatar as medidas que -no que atinxe a infraestruturas sanitarias- teñen previsto acometer no que queda de lexislatura. No día da entrada da revisión da Lei de saúde de Galicia, Vázquez Almuíña defende os cambios introducidos. Na súa opinión, “vai achegar máis cousas” e incidiu en que “aquí se focalizou as as queixas de determinados colectivos no tema das áreas sanitarias” pero para o conselleiro de Sanidade, “a lei é unha modificación, non é nova lei” e insiste en que nas “áreas sanitarias claramente o que conseguimos coa lei é que as comarcas estean moito máis representadas”.

Na conversa, o conselleiro de Sanidade admitiu a preocupación da Xunta pola remuda xeracional dos profesinais sanitarios. Lembrou as peticións trasladadas ao consello interterritorial de sanidade e entre as vías de solución apostou por aumentar as prazas de formación. No que atinxe a pediatras, “a idea é subir, poder subir, a 26”, seis máis das prazas anuais existentes na actualidade. E respecto a “médicos de familia, estamos agora coa última suba en 98 formados tamén anualmente, queremos chegar nun ou dous anos a 110 aproximadamente”. Na formación tamén inclúe as prazas de enfermaría

Imos seguir aumentando a formación de facultativos pero tamén dándolle máis peso a enfermaría, en todos os campos pero especialmente na atención primaria e na atención á cronicidade

Cun “pode ser” o conselleiro de Sanidade non descartaba a posibilidade de volver aos 70 anos como idade para xubilarse os profesionais sanitarios. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí