CRTVG

Buscar

A Entrevista

O alcalde de Ourense non desbota vincular orzamentos a unha cuestión de confianza por ser "unha alternativa"

04/02/2018 - 14:10 h

O alcalde de Ourense, o popular Jesús Vázquez, admite na Radio Galega que  a cuestión de confianza é "unha alternativa" que baralla para poder sacar adiante os orzamentos. No espazo A Entrevista, Vázquez asegura que vincular os orzamentos á confianza "é unha alternativa que hai, por suposto, e todos barallamos todo tipo. Por suposto que está esa opción e se chegado o momento habería que exercitala"

Respecto ao seu futuro, o alcalde ourensán admitiu a súa disposición a repetir como candidato pero remarca que se trata dunha decisión do  seu partido. Segundo  dixo, a súa "oferta ao propio partido" está aí pero que "en todo caso quen decide é o partido e será o partido (..) autonómico quen decide as sete alcaldías". Para Vázquez, "un proxecto non se pode rematar en catro anos".

O rexedor tamén defendeu a reforma da lei electoral para que goberne a lista máis votada ao asegurar que el "era un convencido de que tiña que vir unha reforma electoral" e argumenta que "é moi difícil un goberno en minoría co actual sistema de oposición".

Programa de entrevistas
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí