CRTVG

Buscar

A Entrevista

"No último ano só se detectaron 6 casos con indicios de responsabilidade penal por parte dos psicoténicos"

21/01/2018 - 14:10 h

O fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil, avanza na Entrevista da Radio Galega que no último ano se detectaron 6 casos de psicotécnicos galegos en que "podería haber algunha responsabilidade penal" á hora de expedir certificados. Segundo explicou,  analizáronse 400 casos en Galicia de condutores sen as condicións físicas ou psíquicas para conducir que non había moito tempo renovaran o permiso.

Só en seis supostos, seis de todo o que se fixo,  foron parar ao xulgado  do penal por se podería haber algunha responsabilidade penal por parte do centro psicotécnico que expedira o certificado

Acto seguido, Gil dixo que a maioría dos centros psicotécnicos cumpren a súa función e expiden os certificados cos estudos que marca a lei. 

Na conversa, o fiscal admitiu que o perfil de delincuente viario que máis lle preocupa ao Ministerio Público é o do reincidente. Malia asegurar que a incidencia é escasa, si di que é "perigosa". Indicou que as penas son entre un 1 e un 2% do total.

O 93 por cento das condenas foron por conducir baixo efectos do alcol ou por conducir sen permiso e sobre esta xente. É sobre a que temos que actuar

Coas cousas así, Gil non considera que haxa que endurecer as penas. Opina que son suficientes tal e como están.

O que queira vulnerar a lei que saiba que se o fai vai ser sorprendido, que non hai impunidade

Agora, ameazar con máis pena, ameazar con en vez de seis meses de multa cun ano, iso non vai quitar nada

Para o fiscal "o importante son os labores de control e vixilancia" que deben facer as policías xudicial de tráfico. Aposta, iso si, por máis "presión sobre o condutor infractor". Canto a datos, di que dos algo máis de 8.000 controis de drogas efectuados en Galicia o ano pasado, o 44% deron positivo. Practicáronse tamén outras 700.000 probas de alcoholemia. En total, 14.00 denuncias. 

Carlos Fiscal tamén avanza un reforzo dos controis, mesmo con axentes de paisano, para os multi-reincidentes, aqueles que acumulan 3 ou máis condenas en 5 anos. Así mesmo, bota en falta máis traballo en materia de Educación Viaria, sobre todo no que atinxe a reciclaxe dos condutores veteranos.

Programa de entrevistas
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí