CRTVG

Buscar

Un País Mundial

UPM62: Sol Mussa, Gran Purismo e Benita Prieto

26/03/2019 - 00:04 h

A viguesa Sol Mussa Juane leva apenas uns meses en Londres e cóntanos como se abre camiñonesta cidade vibrante e esixente. Esta semana volve a Galicia para presentar a súa pezaaudiovisual 'Stockroom' na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.
Falamos dos 'secondos' en Suíza cun fillo de galegos nado en Schaffhausen: Carlos AbadGarrido é Gran Purismo, o músico que nos emocionou hai unha década rapeando sobre a súaaldea, Pardeconde. Agora publica o EP 'Infra', a súa terceira colaboración con Attic Room.
Benita Prieto criouse con contos de lobos e meigas no Rio de Janeiro. Seus pais emigrarandesde a Limia e agora Benita conta historias por todo o mundo. Estes días visita o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí