CRTVG

Buscar

A Entrevista

Xeneral Francisco Javier Abajo Merino: "Vexo o Exército tranquilo con respecto a Cataluña"

16/02/2014 - 00:00 h
Xeneral Francisco Javier Abajo Merino:

   O xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, Francisco Javier Abajo Merino, asegura que ve o Exército "tranquilo" ante o desafío soberanista de Cataluña. Tras matizar que "as persoas que compoñen o Exército" seguro que cada unha "ten unha opinión propia" engadiu que "o Exército eu creo que está tranquilo. Confía en que o "Goberno vai desenvolver o mellor que corresponda para España e que chegaremos á solución que mellor corresponda".

Eu non percibo ningunha intranquilidade senón simplemente sabemos o que teríamos que facer chegado o caso ás ordes do Goberno e punto. Pero non en Cataluña, en calquera parte de España. Non vexo ningunha sensación de preocupación no Exército, ningunha

   Na conversa, o xeneral recoñeceu o calado dos axustes presupostarios en Defensa para afirmar que "nunca se recurtou tanto o presuposto de Defensa pero tamén teño que dicir que nunca se estudara tanto o gasto".

   O xeneral Abajo, non obstante, cre que o Exército español é operativo e que "nas operacións se demostra". Respecto de posibles novos axustes en tropa, o xeneral Abajo dixo que non hai ningún tipo de decisión tomada pero recoñeceu ter "moitos plans previstos en caso de que haxa que reducir determinadas condicións".

Temos unha serie de instalacións, as cales están sendo con persoal de tropa e cadros de mando, se se pode externalizar nun servizo que nolo dea unha empresa ou calquera outro funcionario indubidablemente se reducirá. Se se mellora o sistema de ensino militar ou se se mellora o sistema de acuarteleamentos iso vai contribuír a reducir a necesidade de tropa

   Un deses cambios para mellorar a operatividade é o traslado ao acuartelamento coruñés de Atocha de persoal da forza loxística de Valencia. Preguntado por se prevé recortes nas unidades en Galicia, o xeneral xefe da FLO dixo "creo que non".

O núcleo fundamental do Exército de Terra en Galicia é a Brilat -a Brigada Lixeira Aerotransportable- e este cuartel xeral (en referencia ao da Coruña). Ningún dos dous ten agora ningunha previsión de redución, ningunha

   No que atinxe a novas misións no exterior tanto da Brilat destinada en Galicia como doutras unidades do Exército español, xa que a FLO ten como un dos seus principais obxectivos o apoio loxístico  ás operacións no exterior, o xeneral falou da misión que se desenvolve en Malí. Confirmou que está previsto -salvo modificacións- que a Brilat de Pontevedra envíe "aproximadamente 120 homes e logo elementos no cuartel xeral". Sobre Siria e o posible envío de efectivos, aseverou que "en principio non hai ningunha novidade e se houbese algunha participación,  en principio sería con algún elemento de apoio humanitario".

É dicir", algunha formación sanitaria que puidese axudar, non na mesma Siria senón á algunha nación circundante, a esa avalancha de refuxiados que están saíndo de Siria. Non obstante non hai nada concreto de momento

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí